Lira mantén viva a herdanza do mar
09 de decembro de 2010 (11:38 h.)
Estas citas completan o traballo que se está a realizar dende o sur da bisbarra, como as Xornadas de Pesca do Pindo ou as sesións Muros mira ao mar. Os principais obxectivos desta xuntanza son tamén "dar a coñecer a importancia do patrimonio inmaterial da pesca como recurso para posta en marcha de actividades xeradoras de valor social e rendas económicas". Pero ademais trata de achegar á Costa exemplos de conservación e uso do patrimonio inmaterial.
Participarán diversos pesos pesados da bisbarra, como os poetas Alexandre Nerium ou Rivadulla Corcón. Ademais tamén o farán entidades como a Asociación Pedras Miúdas de Lires, que segue mantendo viva na zona a Danza de Arcos. Haberá tempo para os obradoiros, como os de fotografía que impartirá Maribel Longueira, pero sobre todo, diversos artistas falarán da relación e revalorización do patrimonio inmaterial.Programa da xornada Herdanza Cultural do Mar
- 10:00h Apertura
- 10:30h “A Cultura do Mar entre troneiras” Alexandre Nerium – Poeta e Guía Castelo San Carlos.
- 11:00h Relatorio principal: O patrimonio inmaterial: un recurso a conservar e utilizar; Relatora: Fátima Braña Rey. Colaboradora do proxecto Ronsel. Profesora da U. Vigo.
- 12:00h Café.
- 12:30h Experiencias traballando co Patrimonio inmaterial: 1.- Arquivo da memoria do Morrazo. Manuel Pérez Rúa. Técnico cultural do Concello de Moaña. 2.- A Casa da Fraga. Vicente Ledo Roca Artesán. 3.- A Danza de arcos de Lires (Cee). Serxio Dominguez Louro Asociación cultural Pedras Miudas. Proceso de recuperación da danza de arcos e da danza das patelas. Vídeo. 4.- “Os lenços de namorados”. Paula Isaías - Coordenadora de Aliança Artesanal –Vila Verde (Portugal)
- 14:00h Xantar.
- 16:30h Obradoiros. - Fotografía e patrimonio inmaterial. Maribel Longueira. - Programación dunha ruta cultural da pesca.
- 18:00h Historias do mar: - Proxección da curtametraxe: “A pequena serea” gravada en Quilmas. - Xosé Henrique Rivadulla Corcón – Escritor.
Máis información e inscrición
Os interesados poderán inscribirse facilitando os seus datos (nome e apelidos, DNI e téléfono de contacto) escribindo a este mesmo enderezo electrónico (emiliolouro@mardelira.net) ou ben chamando aos teléfonos 981 76 12 52 ou 635 60 00 76.Novas relacionadas
- A Costa sabe degustar o seu mar.
- Lires mantén viva a súa tradición.
- A cara máis íntima do naufraxio: O bou Micaela naufraga no Meixón (1935).
- O Campionato Cazafotsub recolle as imaxes submariñas máis impactantes dos Miñarzos.
- Italia saborea os tesouros do mar de Lira.
- V Xornadas de Pesca do Pindo: As baleas tomaron O Pindo.
- Muros mira ao mar.
Fonte
- Nota de prensa da Confraría de Lira.