Martes. 30.04.2024
El tiempo

Lires mantén viva a súa tradición

Lires mantén viva a súa tradición
A Asociación Recreativa Cultural Educativa Pedras Miúdas de Lires está inmersa nestes intres en varias actividades moi interesantes. Todas directamente relacionadas co patrimonio cultural galego. Por unha banda continúan en marcha, dende o pasado mes de outubro, os novos cursos de gaita de perfeccionamento e iniciación, ademais do de percusión, que reúne cada sábado a unha trintena de persoas, desde nenos ate ben adultos. Para tal menester, a asociación tivo que facer un esforzo económico importante coa compra de material que non posúe a escola de Lires e co afán de facer máis produtivos os cursiños. Así, mercou mesas, atriles e moqueta coa que se trata de insonorizar un mínimo a áula. I é que a entidade xa nos ensinara o estado da vella escola, e ata fixera unha petición pública ao concello para que arranxe os problemas na mesma.

Danza de Arcos e Paletas

Unha das apostas de Lires foi a recuperación dunha tradición moi arraiagada aló polos anos 60, a danza de arcos. Así, o vindeiro sábado 11 de decembro, os membros da directiva acudirán as xornadas organizadas pola confraría de Lira, "Herdanza cultural do Mar", para falar sobre a recuperación na nosa parroquia das Danzas de Arcos e das Patelas.

Homenaxe a Concha Blanco

Por último, o 26 deste mes, Pedras Miúdas presentou as medallas Fernando Blanco a escritora lirense "Concha Blanco", unha das figuras literarias máis importantes da Costa da Morte, como nos contabao propio Xosé Manuel Varela trala presentación do último libro da escritora.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da AC Pedras Miúdas de Lires.

Comentarios