xoves. 15.05.2025
El tiempo

Lira mantén viva a herdanza do mar

Lira mantén viva a herdanza do mar
Logo do éxito da campaña "Cómete o mar", os traballos de revalorización do patrimonio mariñeiro continúa nas confrarías máis activas da zona. Unha delas, a de Lira, vai celebrar este vindeiro sábado 11 de decembro unha xornada que leva por título a "Herdanza Cultural do Mar", e que se desenvolverá no Salón de Actos da Confraría de Pescadores de Lira, nun proxecto promovido pola Confraría liracha dentro do proxecto europeo Fishernet e Mardelira.

Estas citas completan o traballo que se está a realizar dende o sur da bisbarra, como as Xornadas de Pesca do Pindo ou as sesións Muros mira ao mar. Os principais obxectivos desta xuntanza son tamén "dar a coñecer a importancia do patrimonio inmaterial da pesca como recurso para posta en marcha de actividades xeradoras de valor social e rendas económicas". Pero ademais trata de achegar á Costa exemplos de conservación e uso do patrimonio inmaterial.

Participarán diversos pesos pesados da bisbarra, como os poetas Alexandre Nerium ou Rivadulla Corcón. Ademais tamén o farán entidades como a Asociación Pedras Miúdas de Lires, que segue mantendo viva na zona a Danza de Arcos. Haberá tempo para os obradoiros, como os de fotografía que impartirá Maribel Longueira, pero sobre todo, diversos artistas falarán da relación e revalorización do patrimonio inmaterial.

Programa da xornada Herdanza Cultural do Mar

  • 10:00h Apertura
  • 10:30h “A Cultura do Mar entre troneiras” Alexandre Nerium – Poeta e Guía Castelo San Carlos.
  • 11:00h Relatorio principal: O patrimonio inmaterial: un recurso a conservar e utilizar; Relatora: Fátima Braña Rey. Colaboradora do proxecto Ronsel. Profesora da U. Vigo.
  • 12:00h Café.
  • 12:30h Experiencias traballando co Patrimonio inmaterial: 1.- Arquivo da memoria do Morrazo. Manuel Pérez Rúa. Técnico cultural do Concello de Moaña. 2.- A Casa da Fraga. Vicente Ledo Roca Artesán. 3.- A Danza de arcos de Lires (Cee). Serxio Dominguez Louro Asociación cultural Pedras Miudas. Proceso de recuperación da danza de arcos e da danza das patelas. Vídeo. 4.- “Os lenços de namorados”. Paula Isaías - Coordenadora de Aliança Artesanal –Vila Verde (Portugal)
  • 14:00h Xantar.
  • 16:30h Obradoiros. - Fotografía e patrimonio inmaterial. Maribel Longueira. - Programación dunha ruta cultural da pesca.
  • 18:00h Historias do mar: - Proxección da curtametraxe: “A pequena serea” gravada en Quilmas. - Xosé Henrique Rivadulla Corcón – Escritor.

Máis información e inscrición

Os interesados poderán inscribirse facilitando os seus datos (nome e apelidos, DNI e téléfono de contacto) escribindo a este mesmo enderezo electrónico (emiliolouro@mardelira.net) ou ben chamando aos teléfonos 981 76 12 52 ou 635 60 00 76.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Confraría de Lira.

Comentarios