Lira reflexiona en clave de homenaxe aos Voluntarios

Non puido a choiva e o vento coa carpa que Carnota lle ofrece aos voluntarios. Onte abrían as Xornadas de análise, debate, lembranzas, encontros, 10 anos despois da catástrofe do Prestige”, e xa foron ducias de veciños, e voluntarios, os que se achegaron á carpa de Portocubelo, a falar.

I é que as sesións de onte viñan en clve de debate. Abrían coa presentación do libro de Xosé Manuel Pereiro "Prestige. Tal como foi, tal como fomos", á que lle seguíu previsamente unha mesa redonda sobre a temática do libro, a Resposta cívica da sociedade daquel recén estreado século XXI. Estiveron diverosos persoeiros como Marcos Gallego, produtor da documental sobre Lira con Saga Tv; Anxo Luxilde, xornalista en La Vanguardia; Uxía Senlle, cantante e activista en Nunca Máis; o propio Xosé Manuel Pereiro como xornalista de El País; Antón Luaces, de La Opinión; e Pepe Formoso, da Radio Nordés.

As reflexións volveron sobre a dualidade extrema das circunstancias de aquel entón: a gran resposta da cidadanía e mala dos gobernantes, facendo ficanpé no feito de que a día de hoxe aqueles que tomaron as peores decisións seguiron medrando políticamente.

Máis actividades

E continúan as xornadas durante a fin de semana. Hoxe, e mañá, poderase ver a exposición “Prestige: A crise dun modelo enerxético insostible”.

Esta mesma tarde ademais ás 16,30h terá lugar a proxección de Historias de Chapapote, que dará paso a unha mesa redonda, baixo o título "Cultura Comprometida onte e hoxe". Ademais haberá un recital poético-musical e rematará a sesión de venres cuns petiscos e unha fiada mariñeira coas Cantareiras de Arcos, Cantareiras de Campo de Cortes da Asociación Rumial e os Tabernícolas do Leiradal.

E mañá será o gran día, con mesa redonda no IES Lamas de Castelo, un xantar solidario, unha mesa redonda de adultos pola tarde e un festival musical para poñer o broche de ouro a estas xornadas artelladas polo Concello e por case todas as entidades sociais e mariñeiras do municipio.

Sen Voz en Galicia

E vos deixamos cunha edición especial do xornal Sen Voz en Galicia que nos recorda aqueles días de loita.

Novas relacionadas

Máis novas

Seguemento especial do Prestige, gracias a Suministros Lar