Pequenos de Muros que coñecen Carnota

Importantes estas visitas intermunicipais. Importante para que os nosos pequenos vaia collendo conciencia de bisbarra dende abaixo, e para que as parroquias e os concellos do carón sexan como a casa.

Nesa liña, o pasado venres 3 de xuño, o concello de Carnota recibiu unha gran visita de 70 nenos de entre 3 e 5 anos do colexio de primaria de Muros ilusionados por ver o hórreo, a praza do concello e un muíño de auga en funcionamento.

Despois de todo esto merendaron no parque de Lombáns para a mediodía regresar a Muros moi contentos. Un bo xeito de facer comarca.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Carnota.