Abelleira prepárase para a súa particular invasión pirata


A ensenada de Muros prepárase para o asalto pirata. Ducias de embarcacións tradicionais invadirán a ría o vindeiro 6 de agosto, na xa tradicional cita coa Festa da Cultura Mariñeira, que artella a Asociación Veciñal A Ostreira, da parroquia muradá de Abelleira, no concello de Muros. Unha Festa na que a navegación tradicional a vela será a protagonista, e que encherá o areal de Ventín de bucetas e galeóns.
A cita mariñeira está para ao sábado, 6 de agosto na propia Carballeira de Ventín, Abelleira, Muros. Dende as 12:00h da mañá as embarcacións tradicionais navegarán pola ría deixando unha ermosa posta de séculos atrás.
Os barcos pararán para xantar e disfrutar dunha actuación dun grupo folk, para poña tarde seguir navegando, que de so se trata.
Pola noite máis do mesmo, comer e bailar, que tampouco vai ser todo navegar.
Abelleira Mariñeira 2010
Máis información
- Evento en Facebook: Abelleira Mariñeira 2011.
- Galeón de Abelleira: Crónica Abelleira Mariñeira 2010.
Novas relacionadas
- Un liceo mariñeiro en Lira para aprender a coidar o mar e a consumir responsablemente.
- A pesca artesanal e os ecoloxistas unen as súas forzas contra o salmón.
- O Pindo decláralle o seu amor ao mar nas VI Xornadas de Pesca.
- ASOAR-ARMEGA segue levando o mar ás Escolas.
- A cara máis íntima do Naufraxio con Manuel M. Caamaño.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).