Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Pindo decláralle o seu amor ao mar nas VI Xornadas de Pesca

O Pindo decláralle o seu amor ao mar nas VI Xornadas de Pesca

Chega o verán e Carnota énchese de actividades. Se xa ollamos o programa do III Encontro Monte Pindo, hoxe baixamos da Moa á vila para intentar aprender a amar o noso mar.
I é que como todos estes últimos anos, a Confraría do Pindo organiza no 2011 as súas VI Xornadas de Pesca Pindo Mariño, adicadas nestas a súa sexta edición ao amor polo mar.

Variedade de actividades

As actividades englobadas nestas xornadas darán comezo coas actividades diarias para os máis pequenos dende o luns 20 de xuño ata o xoves 23 de xuño, con talleres e obradoiros para os cativos da casa.
Os días principais das xornadas deste ano serán o 24, 25 e 26 de xuño, nos que se realizarán no Pindo eventos moi variados: traballadoras do mar falarannos sobre as súas experiencias, haberá charlas sobre pesca sostible co experto Alfredo López Fernández do CEMMA e sobre traballar no mar con Mª Paz Gómez Vázquez (directora do ISM da Coruña), actuacións musicais, fiadas, roteiros, degustación de productos do mar, e moitas outras cousas.

Programa

Podes descargar o programa das VI xornadas na seguinte ligazón:

Inscriscións

Se estas interesado en asistir ás xornadas, inscribete antes do 15 de xuño na confraría a través do teléfono 981 76 48 15 ou enviando un email a [email protected].

A inscripción é gratuita para os socios e non socios residentes en Carnota. Para os asistentes de fóra do concello as cotas son de 10€ por inscrición e 60€ a inscrición con aloxamento (venres e sábado).

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios