Luns. 13.07.2020
El tiempo

A Policía Local de Carnota e o GES de Muros acoden a rescatar unha rapaza que sufrira un golpe de calor no Monte Pindo

A subida á Moa cando vai calor é dura
A subida á Moa cando vai calor é dura
A Policía Local de Carnota e o GES de Muros acoden a rescatar unha rapaza que sufrira un golpe de calor no Monte Pindo

Nova campaña de verán e volvemos atoparnos coas situacións comprometidas no Olimpo Celta. Este pasado martes, o 112 recibía unha chamada ás 15:47, conforme unha moza sufrira un golpe de calor durante a subida á Laxa da Moa, e necesitaba axuda. Subían de contado a Policía Local e o GES de Muros, que atopaban á rapaza, coa súa irmá, a metade da subida, completamente deshidratada tras unha subida completa e media baixada a pleno sol.

”Eran dúas rapazas moi sensatas, a verdade, aguantaron o que puideron para chamar, pero fixeron ben en facelo. Levámoslles bebidas isotónicas e xeles recuperadores, recuperaron pronto as forzas e baixaron xa polo seu propio pé”, explícannos dende a policía carnotá.

Ás 19:30 volvían ao punto de partida.

Rescates no Pindo

O Modesto Patrimonio

comentarios