Piden limpar urxentemente os camiños do Monte Pindo
As dúbidas arredor da responsabilidade provocan que algúns camiños do Monte Pindo estean impracticables. E as consecuencias poden ser gravísimas. Esta semana as forzas de seguridade tiveron que realizar 2 rescates en menos de 48 horas.
Se ben a subida dende O Pindo á Moa e o camiño dende o Fieiro á Moa están limpos e ben sinalizados polo Concello de Carnota, o perigo xorde por unha zona no marco do Roteiro Circular que parte e remata no Fieiro, ten unha parte do camiño, entre a Cova da Xoana e o Castelo de Peñafiel, absolutamente impracticable. Os toxos e as silvas tomaron o sendeiro polo perderse é case inevitable se non se coñece o macizo celta palmo a palmo.
Así o explicaba o Policía Local de Carnota, Suso López, que leva colaborado en máis de 70 rescates ao longo dos seus 31 anos de servizo.
Dende a Asociación Monte Pindo Parque Natural piden tanto ao “goberno de Carnota como á Xunta que se deixen de apelar ao «heroísmo» e que se poñan a limpar urxentemente os camiños do Monte Pindo”. A entidade lembra que “a Xunta as nosas accións de limpeza e voluntariado no espazo en 2013, polo que nin fan nin deixan facer”.
Rescates no Pindo
- 14-07-21: Segundo rescate en menos de 48 horas no Monte Pindo.
- 12-07-21: Emerxencias rescata un grupo de 8 sendeiristas que se perderon no Monte Pindo.
- Xuño 20: A Policía Local de Carnota e o GES de Muros acoden a rescatar unha rapaza que sufrira un golpe de calor no Monte Pindo.
- Agosto 18: Unha persoa tivo que ser rescatada do Monte Pindo.
- Outubro 17: Novo rescate aéreo no Monte Pindo.
- Agosto 2017: Rescatan a unha muller no Monte Pindo.
- Xuño 2017: Segundo rescate no Monte Pindo nunha semana.
- 15-06-17: Rescatan un mozo que se perdeu no Monte Pindo.