Presentadas as bases do Concurso de Embelecemento de Carnota

Xa está en marcha o I Concurso de Embelecemento de Contornos e Espazos Públicos e Privados do Concello de Carnota. Un xeito de favorecer e alentar a valorización dos recursos da zona e contribuír á promoción do civismo e da conciencia ambiental.

A idea é presentar un proxecto de embelecemento e ornamentación exterior das vivendas, terreos, espazos comúns, muros exteriores, etc., con elementos vexetais. Avaliaranse tamén o arranxo ou a manutención de espazos verdes públicos, reforestacións,... sempre localizados en Carnota.

Calquera entidade (empresas, asociacións en xeral, ANPAS, etc.) e particulares (individualmente ou en grupo) poden participar enviando a solicitude e material gráfico antes do 5 de abril. Todo para loitar polo único premio de 1.000 €.

Unha das cousas máis salientables é que parte do xurado serán os alumnos dos CEIPs de Carnota, O Pindo e mais do IES Lamas de Castelo, que compartirán as súas impresións con 3 mestres, un de cada centr, ademais de unha persoas do Concello. Darán o veredito o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, ás 20.00 horas no salón de actos do Concello de Carnota, onde se establecerá o día da entrega do premio.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Concello de Carnota.