Un incendio forestal arrasa máis de 20 hectáreas en Lariño nunha zona próxima ás casas

O incendio comezou ao redor das 15:40 horas e segundo Medio Rural quedou estabilizado ás 18:29 horas Unhas 26 hectáreas de monte xa quedaron arrasadas no incendio forestal que se rexistrou esta tarde na parroquia de Lariño, en Carnota. Segundo indican dende a consellería do Medio Rural o lume "quedou estabilizado" ás 18:29 horas, e "controlado" a primeira hora da mañá deste venres. O incendio comezou ao redor das 15:40 horas de hoxe nunha zona moi próxima ás casas. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie que supera as 20 hectáreas. Para extinguir este lume mobilizáronse 1 técnico, 5 axentes, 16 brigadas, 10 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 3 avións.
Segundo as primeiras estimacións, o lume arrasou unha 20 hectáreas de monte 085 A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. [fbvideo link="https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/265381624304199/" width="850" height="400" onlyvideo="1"] https://www.facebook.com/863838857072496/videos/243828252992575/  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/dous-incendios-durante-o-15-de-agosto-en-muros/ “Controlan rapidamente o terceiro incendio fisterrán en dúas semanas” — Que pasa na costa “Segundo incendio en 4 días na mesma zona de Punta Uhía” — Que pasa na costa “Dous sospeitosos lumes consecutivos en Fisterra e un en Muros abre a temporada de incendios” — Que pasa na costa   Fonte Redacción QPC (info@quepasanacosta.com) Consellería do Medio Rural