Unha de Voluntarios que limpan o roteiro da Pedra Cabalgada do Monte Pindo

Fantásticas estas incursións voluntarias no corazón do Monte Pindo co fouciño en man. A Asociación Monte Pindo Parque Natural vén de realizar unha xornada de limpeza do roteiro da Pedra Cabalgada, un dos máis fermosos e máis sinxelos do olimpo celta, que necesita do voluntariado para manterse accesible (unha das cousas que solventaría a calificación desexada pola entidade).

Un grupo dunha ducia de persoas rubiron ata este enorme outeiro de granito rosa que quedou dalgún xeito substentada sobre o precipicio co único apoio duns centímetros de rocha con forma de pirámide truncada. Segundo os especialistas da entidade cren que o máis probable é que a pedra estivese en tempos asentada sobre unha capa de terra, que ao ir desaparecendo deixou a pedra nesa posición tan inverosímil, na que parece que vai caer enriba das casas do Pindo.

A visita serviu para disfrutar ademais de varias especies amenazadas, como unha xilbardeira (arbusto semellante ao acibro) ou unha parella de salamántigas galegas (Chioglossa lusitanica).

Protestan polas motos

Dende a entidade tamén queren chamar "denunciar ublicamente as continuadas incursións de vehículos a motor polo Monte Pindo. Trátase principalmente de motos off-road que ascenden polo lugar do Fieiro desbastando as pedras que se atopan ao seu paso e que están a desfacer completamente os camiños que tanto nos esforzamos por recuperar e manter limpos".

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte