mércores. 14.05.2025
El tiempo

Unha de Voluntarios que limpan o roteiro da Pedra Cabalgada do Monte Pindo

Unha de Voluntarios que limpan o roteiro da Pedra Cabalgada do Monte Pindo
Xornada Voluntaria de limpeza do Roteiro de Pedra Cabalgada-Foto- MPPN

Fantásticas estas incursións voluntarias no corazón do Monte Pindo co fouciño en man. A Asociación Monte Pindo Parque Natural vén de realizar unha xornada de limpeza do roteiro da Pedra Cabalgada, un dos máis fermosos e máis sinxelos do olimpo celta, que necesita do voluntariado para manterse accesible (unha das cousas que solventaría a calificación desexada pola entidade).

Un grupo dunha ducia de persoas rubiron ata este enorme outeiro de granito rosa que quedou dalgún xeito substentada sobre o precipicio co único apoio duns centímetros de rocha con forma de pirámide truncada. Segundo os especialistas da entidade cren que o máis probable é que a pedra estivese en tempos asentada sobre unha capa de terra, que ao ir desaparecendo deixou a pedra nesa posición tan inverosímil, na que parece que vai caer enriba das casas do Pindo.

Na Pedra Cabalgada trala xornada de limpeza-Foto- MPPN

A visita serviu para disfrutar ademais de varias especies amenazadas, como unha xilbardeira (arbusto semellante ao acibro) ou unha parella de salamántigas galegas (Chioglossa lusitanica).

Unha salamántigas galegas atopada no Monte Pindo-Foto- MPPN

Protestan polas motos

Dende a entidade tamén queren chamar "denunciar ublicamente as continuadas incursións de vehículos a motor polo Monte Pindo. Trátase principalmente de motos off-road que ascenden polo lugar do Fieiro desbastando as pedras que se atopan ao seu paso e que están a desfacer completamente os camiños que tanto nos esforzamos por recuperar e manter limpos".

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios