3 novas empresas para o Polígono de Cee

Beatriz Sestayo, xerente de SEA, na Notaría co xerente de Radón Galicia
Rózase así o 50% de chan adxudicado no polígono, o dobre de fai tres anos

Asinadas as vendas de tres novas parcelas no Parque Empresarial de Cee. Esta semana, Suelo Empresarial del Atlántico rubricaba a venda das tres parcelas que reservaran este ano as empresas F.M. Motor, Tanatorios Pombo e Radón Control Galicia e que suman 7.500 metros cadrados.

F.M. Motor adquiriu unha parcela de 3.141 metros cadrados; Radón Control Galicia S.L., outra de 2.196; e Tanatorios Pombo, unha superficie de 2.166 metros cadrados. O importe total do investimento en chan por parte das tres empresas ascende a 491.192,36 euros.

No que vai de ano, no que tamén se instalaron Búa Construcciones e Sogama, conseguiuse que a ocupación do chan vendido roce o 50%, o dobre que fai tres anos.


Beatriz Sestayo, xerente de SEA, na Notaría co xerente de FM Motor


Foto da sinatura da venda da parcela para o Tananotorio

Novas industriais