Luns. 01.03.2021
El tiempo

Construcións Búa tamén se vai ao Polígono de Cee

Bua Contrucions Firma con SEA na Notaria de Corcubion
Beatriz Sestayo, xerente de SEA, xunto a Ramón Búa e Manuel Búa Varela diante da Notaría de Corcubión
Construcións Búa tamén se vai ao Polígono de Cee

Despois do novo contrato con Sogama, o Parque Empresarial de Cee suma un novo inquilino. Así o anuncia Suelo Empresarial do Atlánticotras asinar este martes en Corcubión coa empresa “Búa Construcións e Servizos” a venda de preto de 2.000 m2 de superficie, por un valor de máis de 137.000 euros.

A empresa, ubicada en Dumbría, que conta con 12 empregados, ten previsto iniciar nas próximas semanas as obras para a construción dunha nave para oficinas e maquinaria. A nave instalarase na zona traseira do parque, que experimentará un substancial cambio en apenas uns meses, tanto por esta construción como polas instalacións de Sogama.

Na actualidade, o polígono de Cee xa dispón de servizos como dous gasolineras e un supermercado. Conta con 106.805 metros cadrados, repartidos en 63.103 destinados a chan industrial e 57.749 a terciario.

Novas relacionadas

comentarios