80 usuarios Aspadex seguirán tendo grandes doses de tempo libre

Continúa en marcha, tras dous anos de excelentes resultados, o programa de lecer inclusivo deseñado e programado por Aspadex. Un programa que permite que 80 persoas con discapacidad intelectual realizasen diferentes saídas e actividades de tempo libre, o que facilita o goce do seu tempo de lecer, ademais de traballar a súa autonomía.

Un programa que se leva a cabo co apoio da compañía Ferroatlántica, que vén de renovar o convenio coa entidade ceense.

O programa pretende proporcionarlles os apoios necesarios para que poidan dispoñer de habilidades para gozar do seu tempo de libre, fomentando á vez a inclusión social ou o desenvolvemento do seu autodeterminación a través da libre elección de lecer de calidade que se lles ofrece.
Con este programa estiveron de visita pola Coruña, onde puideron visitar o Aquarium Finisterrae, a Domus e a praza de María Pita. Así mesmo, realizaron unha saída ao Parque Natural de Marcelle, en Outeiro de Rei, e, en Bayona, en Pontevedra, aloxáronse no camping Bungalow-Park, desde onde aproveitaron para facer excursións a Portugal (Valença do Miño) ou ao castro de Santa Tecla, A Garda e Oia. En Vigo visitaron o Parque de Castrelos e visitaron o Museo da Palabra (VERBUM).
A estas actividades especiais, sumáronse as saídas semanales pola contorna máis próxima, con visitas a Fisterra (tren peregrino, faro e praia de Langosteira), Sardiñeiro (paseo marítimo e parque biosaludable), Corcubión (praia de Quenxe, paseo marítimo e centro histórico), Ézaro (embalse, cascada e paseo marítimo) e Carnota (paseo pola boca do río e hórreo). Os usuarios de ASPADEX tamén puideron gozar dunha saída en tren desde Santiago ata Padrón e dun fin de semana nunha casa de turismo rural.

Segundo Evaristo Lema, presidente de ASPADEX, “estaremos eternamente agradecidos a Ferroatlántica pola súa colaboración. Grazas a eles, os nosos fillos poden gozar de todas estas actividades, doutra forma non sería posible”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Ferroatlántica.