Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Aspadex e Aspaber unen formas para unha dar unha formación de máis calidade

Aspadex e Aspaber unen formas para unha dar unha formación de máis calidade

Que alegría ver a dous dos mellores centros para discapacitados da Costa da Morte actuando conxuntamente. Os profesionais de ASPADEX e ASPABER participaron en dous cursos co obxectivo de mellorar a calidade de atención que ofrecen ás persoas con discapacidad intelectual. Un xeito de aproveitar recursos e convertir en mellores profesionais aos seus formadores.

Esta foi unha gran ocasión de ofrecer aos seus profesionais unha formación de calidade en temas de especial relevancia para o colectivo co que traballan. Nestes tempos en que os recursos son cada vez máis limitados, a unión e o traballo colaborativo permite economizar, sen perder de vista a importancia dunha boa capacitación dos traballadores, contando para iso con formadores de referencia no sector da discapacidad intelectual.

No primeiro dos cursos tratouse o tema do Apoio Conductual Positivo e a intervención en problemas de comportamento e levouse a cabo nas instalacións da entidade ceense, ASPADEX.
O segundo deles tivo lugar no Forum Carballo e serviu para profundar na ética nas actuacións diarias.

Tanto ASPADEX como ASPABER mostraron a súa satisfacción con ambas accións formativas, que permitiron pararse un pouco no camiño, no traballo do día a día, para reflexionar sobre novas formas de traballar e intervir, e sobre todo para dar unha mellor calidade de atención ás persoas con discapacidad intelectual, afondar na misión de mellorar a súa calidade de vida e a das súas familias.

Esta non é a única acción conxunta que ambas entidades realizan, senón que, unidas por un misión e obxectivos comúns, participan en distintas reunións, cursos… para facer máis visible e ofrecer uns bos servizos ao colectivo polo que traballan, rendibilizando custos e compartindo coñecementos e experiencias.

Ademais, Aspaber vén tamén de asinar un convenio con Aloumiños.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios