Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Aspadex coñece a fin da terra en cruceiro

Aspadex coñece a fin da terra en cruceiro
Aspadex nos Cruceros Fisterra Aspadex na Lonxa de Fisterra

Que ben o pasaron os bravos usuarios de Aspadex no Cruceros Fisterra. I é que un fermoso paseo polo cabo do fin do mundo non se dá tódolos días, e o pasado sábado 11 de agosto a empresa Cruceros Fisterra (http://www.crucerosfisterra.com/) mostrou o seu lado máis solidario obsequiando aos participantes cun paseo gratuito no barco de visión submarina.

As persoas con discapacidad intelectual quedaron maravilladas con estas historias, descoñecidas para moitos deles.
Tras comer nos xardíns do Castelo de San Carlos, os usuarios da entidade puideron visitar a lonja podendo gozar dunha poxa en vivo de forma gratuita grazas á Cofradía de Finisterre. A visita á lonja de Finisterre é posible para calquera persoa que o desexe dentro duns cómodos horarios de luns a venres e por un prezo mínimo. O que máis chamou a atención foi ver a diferenza entre a gran diversidad de peixe que se pode atopar na nosa zona como coñecer a fondo como é o proceso de compra-venda de peixe desde o momento no que este sae do barco ata que prácticamente chega ao prato.

A asociación ASPADEX valorou moi positivamente esta actividade, agradecendo a participación tanto da tripulación do barco de visión submarina da empresa cruceros fisterra como a de todo o servizo da cofradía de Finisterre: “Grazas por deixarnos apreciar deste xeito a beleza da nosa zona, a beleza do mar dá Costa da Morte”.

Aspadex na Lonxa de Fisterra

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios