A Fundación Fernando Blanco rendeu unha nova homenaxe ao seu mecenas
Completa e emotiva a fin de semana na Fundación Fernando Blanco no marco do programa O Mes da Fundación. Ademais da interesante charla, a cita emotiva tivo lugar a ofrenda e a misa na honra de D. Fernando Blanco que cada ano celebran o profesorado, alumnado e persoal do Instituto. Coma sempre, a capela do centro acolleu esta solemne cita, que contou coa participación de Virginia Santiago Santalla, Marcela Corbelle López, Iván Pérez, a Coral Polifónica Neria Costa da Morte, Isidro Caamaño e para Fran Cives ("o gaiteiro da Fundación") que brindou aos asistentes un Himno do Antigo Reino de Galicia que puxo os pelos de punta.
De seguido, a comitiva trasladouse a Casa da Cultura, onde Doutor Alfonso Mariño Cotelo, Director médico do Centro Oncolóxico de Galicia, ofreceu unha interesante conferencia s”obre Prevención e innovación no cancro”. Unha charla "dura" pero moi necesaria, impartida por unha persoa que, ademáis de ser unha eminencia no tema, destaca pola súa humildade e cercanía.
Magosto no IES
Paralelamente, o IES Fernando Blanco quixeron ir aproveitando as castañas dos castiñeiros do xardín do instituto, que este ano son especialmente grandes, para facer un magosto. O pasado venres, no recreo, foron pasando pola zona cuberta do instituto, en previsión de posibles chuvias, diferentes grupos de alumnado acompañados polos seus profesores e profesoras para compartir uns momentos de lecer e degustar as castañas que foron asadas por alumnos e profesores.
En días anteriores os grupos de alumnado da ESO colaboraron recollendo as castañas e poñéndoas a secar, tamén fixeron os cucuruchos de papel para servilas e os alumnos do ciclo medio de Mantemento electromecánico, dirixidos polos seus profesores fabricaron o “dispositivo” para asalas. Foi un traballo en equipo desde o primeiro momento ata o momento de degustalas. Ademais houbo música de gaita a cargo dos alumnos. Foi unha experiencia moi gratificante que esperamos repetir no futuro.
Máis novas da Fundación
- A música tradicional chega ao Mes da Fundación da man de Davide Salvado.
- O Mes da Fundación fai un repaso sobre a seguridade en Internet
- O Mes da Fundación trae a música rusa a Cee
- O Mes da Fundación continúa coa música e cunha conferencia sobre a historia de Galicia
- Arranca o Mes da Fundación cunha conferencia sobre a arquitectura
- Conferencias, música, monólogos, obradoiros e conta contos protagonizan o Mes da Fundación
- QPC volverá publicar os Relatos e Debuxos premiados da Fundación Fernando Blanco
- Bazarra apoia por quinto ano a actividade cultural da Fundación Fernando Blanco
- Cee volve celebrar “o mes da Fundación” para alumnos e público en xeral
- A Fundación Fernando Blanco renova as súas becas coa axuda de Bazarra
- Primeira fornada de becarios da Fundación Fernando Blanco.
- O Museo da Fundación Fernando Blanco vólvese salvar polo apoio empresarial.
- O Unión Club Cee segue acadando apoios empresariais como o de Bazarra.
- Olimpia xa ten gasoliña para correr.
- Bazarra.com, moito máis que a web dunha gasolineira:
- A fotografía toma o museo Fernando Blanco.
- Expoñendo a arquitectura de Domingo Antonio de Andrade.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Fundación Fernando Blanco de Cee