xoves. 01.05.2025
El tiempo

A Fundación Fernando Blanco rendeu unha nova homenaxe ao seu mecenas

A Fundación Fernando Blanco rendeu unha nova homenaxe ao seu mecenas
Ofrenda a Fernando Blanco Ofrenda a Fernando Blanco

Completa e emotiva a fin de semana na Fundación Fernando Blanco no marco do programa O Mes da Fundación. Ademais da interesante charla, a cita emotiva tivo lugar a ofrenda e a misa na honra de D. Fernando Blanco que cada ano celebran o profesorado, alumnado e persoal do Instituto. Coma sempre, a capela do centro acolleu esta solemne cita, que contou coa participación de Virginia Santiago Santalla, Marcela Corbelle López, Iván Pérez, a Coral Polifónica Neria Costa da Morte, Isidro Caamaño e para Fran Cives ("o gaiteiro da Fundación") que brindou aos asistentes un Himno do Antigo Reino de Galicia que puxo os pelos de punta.

Ofrenda Floral a Fernando Blanco-Foto-Rafa Quintans Ofrenda Floral a Fernando Blanco-Foto-Rafa Quintans Misa por Fernando Blanco_Foto-Rafa Quintans Misa por Fernando Blanco_Foto-Rafa Quintans

De seguido, a comitiva trasladouse a Casa da Cultura, onde Doutor Alfonso Mariño Cotelo, Director médico do Centro Oncolóxico de Galicia, ofreceu unha interesante conferencia s”obre Prevención e innovación no cancro”. Unha charla "dura" pero moi necesaria, impartida por unha persoa que, ademáis de ser unha eminencia no tema, destaca pola súa humildade e cercanía.

O Doutor Alfonso Marino Cotelo en Cee O Doutor Alfonso Mariño Cotelo en Cee  

Magosto no IES

Magosto no IES Fernando Blanco Magosto no IES Fernando Blanco

Paralelamente, o IES Fernando Blanco quixeron ir aproveitando as castañas dos castiñeiros do xardín do instituto, que este ano son especialmente grandes, para facer un magosto. O pasado venres, no recreo, foron pasando pola zona cuberta do instituto, en previsión de posibles chuvias, diferentes grupos de alumnado acompañados polos seus profesores e profesoras para compartir uns momentos de lecer e degustar as castañas que foron asadas por alumnos e profesores.

En días anteriores os grupos de alumnado da ESO colaboraron recollendo as castañas e poñéndoas a secar, tamén fixeron os cucuruchos de papel para servilas e os alumnos do ciclo medio de Mantemento electromecánico, dirixidos polos seus profesores fabricaron o “dispositivo” para asalas. Foi un traballo en equipo desde o primeiro momento ata o momento de degustalas. Ademais houbo música de gaita a cargo dos alumnos. Foi unha experiencia moi gratificante que esperamos repetir no futuro.

Musica no Magosto do IES Fernando Blanco Música no Magosto do IES Fernando Blanco  

Máis novas da Fundación

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Fundación Fernando Blanco de Cee

Comentarios