A AECC de Cee celebra unha nova edición do seu Xantar Solidario
14 de maio de 2026 (07:36 h.)
A Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro en Cee organiza a VI edición do Xantar Solidario, unha cita xa consolidada no municipio que cada ano reúne á veciñanza arredor da solidariedade e do apoio ás persoas afectadas polo cancro.
O evento celebrarase o vindeiro domingo 24 de maio, ás 14:00 horas, no Pavillón Deportivo Municipal de Cee. A recadación destinarase a impulsar a investigación oncolóxica, así como a soster os programas e servizos gratuítos de apoio e acompañamento que a Asociación ofrece a pacientes e familiares.
As entradas poden adquirirse no posto da Panadería Tahona das Travesas do Mercado Municipal de Cee e no Centro Social da localidade. A comida correrá a cargo de Casa Taboada.