luns. 03.08.2026
El tiempo

Arrinca en Cee o ciclo de recitais "Poesía na Rúa" para lembrar o Batallón Literario

Certame POesia Batallon Literario da Costa da Morte
Arrinca en Cee o ciclo de recitais "Poesía na Rúa" para lembrar o Batallón Literario

Esta semana arrinca en Cee o ciclo de recitais poéticos Poesía na Rúa, organizado polo concello de Cee no marco da programación dos actos de celebración do trinta aniversario do Batallón Literario da Costa da Morte.

A partir deste luns, día 3 de agosto, as principais prazas e rúas de Cee serán o escenario de varios recitais de poesía ao longo de toda a semana coa presenza de dezaoito autoras e autores da Costa da Morte, a maioría deles integrantes do extinto Batallón Literario.

Na sesión inaugural de mañá luns, que terá lugar a partir das 20:30 hs na Fundación Fernando Blanco de Cee, intervirán María Canosa, Ainhoa Conde e Modesto Fraga.

Comentarios