venres. 07.08.2026
El tiempo

Denuncian que a "deixadez" da alcaldesa de Cee condena ás traballadoras das grandes superificies a traballar o 15 de agosto

Gadis de Cee
Denuncian que a "deixadez" da alcaldesa de Cee condena ás traballadoras das grandes superificies a traballar o 15 de agosto

Este 15 de agosto, en plenas festas da Xunqueira, as traballadoras das grandes superficies de Cee terán que traballar. Asi acontece, segundo denuncia o BNG, porque a alcladesa non pediu o cambio no día de apertura.

Lembra o BNG que xa avisou nun escrito rexistrado en novembro, no que pedía que se enviase a documentación á Consellería para trasladar dous dos dos 10 domingos ou festivos que teñen as grandes cadeas para abrir ao longo do ano.

Serxio Domínguez lamenta a "deixadez"! da alcaldesa Margarita Lamela, lembrando que si houbo outros concellos en situación similar de festas como Sanxenxo ou Ferrol que si solicitaron eses cambios. "Estamos ante unha flagrante deixadez de funcións da alcaldesa e o seu goberno, que agora terá que pagar o persoal dos comercios, non podendo desfrutar da súa festa como a demais veciñanza".

O BNG critica ademais que o Concello colgase un bando en abril nas redes sociais nos que derivaba toda a culpa na Xunta de Galicia, "non explicando que  tiña a posibilidade de ter actuado para cambiar o día 15 de agosto por outro calquera do ano, tal e como nos lle avisasbamos o 10 de novembro do 2025 no escrito rexistrado a súa atención". 

Festas da Xunqueira de Cee 2026

Comentarios