A AECC de Cee segue dando información e favorecendo a prevención sobre o cancro de mama

  • Desde a xunta local, estanse a perfilar os detalles do próximo evento: o IV Festival Solidario contra o Cancro

Espectacular o compromiso da Xunta Local de Cee da Asociación Española Contra o Cancro (AECC). Este pasado domingo 27 de outubro, colocaron a Mesa informativa sobre o Cancro de Mama no interior do Centro Comercial de Cee.
Durante esta xornada, ofreceuse información sobre a prevención do cancro de mama e recadáronse fondos a través da venda de material, lotaría de Nadal e donativos, destinados aos proxectos de investigación e outras iniciativas da Asociación Española Contra o Cancro (AECC).
Ademais, o 19 de outubro, a Estatua da Muller de Cee luciu un gran lazo rosa, apoiando e visibilizando un ano máis a concienciación sobre o cancro de mama e mostrando solidariedade coas persoas que padecen esta enfermidade.

Festival Solidario

Desde a xunta local, estanse a perfilar os detalles do próximo evento: o IV Festival Solidario contra o Cancro, que terá lugar o sábado 23 de novembro pola tarde. Este festival promete ser unha ocasión memorable, con actuacións de grupos locais e varios sorteos incluídos no prezo da entrada, co obxectivo de seguir apoiando a prevención e unindo esforzos para vencer o cancro.

Máis novas