Centos de persoas desafiaron ao cancro, e ao tempo, cunha Andaina por Vimianzo

07:09 27/05/24
Na xornada deste 25 de maio, preto de 300 persoas botaron andar polas rúas de Vimianzo para sumarse á loita contra o cancro. Centos de persoas botaron andar polas rúas de Vimianzo apoiando a Asociación Española contra o Cancro en Vimianzo.
Foi un percorrido de 7 quilómetros que incluíu visitas guiadas nalgúns puntos emblemáticos do municipio, como o carballo e a Igrexa de Cereixo, o castiñeiro do Cura, Rosalía de Castro, a Fagía, o mural de San Cristovo, o muíño das Mareas ou o paseo fluvial.


A Asociación Española Contra o Cancro presentou o seu Club de Saúde en Vimianzo