“As agresións do CHUAC e do Centro de Saúde de Muxía non son illadas nin puntuais”

Concentración este venres ás portas do HVdX

Unha vintena de traballadoras secundaron a nova protesta convocada pola Comisión do Centro do Hospital Público de Cee para denunciar a falta de seguridade nos centros sanitarios. Seguindo as mobilizacións que hai por toda a provincia despois da agresión acontecida en Urxencias do CHUAC e no Centro de Saúde de Muxía, como as concentracións nos Centros de Saúde e a realizada ás portas do propio Hospital, as traballadoras denunciaron que “estes feitos non son illados nin puntuais”, e cada día reciben agresións físicas e verbais que moitas veces non son denunciadas.

Ademais de amosar o seu apoio ás compañeiras agredidas, esperan que a batería de medidas presentadas polo Sergas se implemente de forma inmediata e non queden en “papel mollado”.

Máis novas