Profesionais do HVDX concéntranse para pedir máis medidas de seguridade

Onte, un enfermeiro da área de Urxencias do CHUAC e un membro do equipo de seguridade privada foron apuñalados por un paciente. Unha circunstancia que fixo saltar todas as alarmas de todas as persoas profesionais da sanidade pública que levan tempo denunciando maiores medidas de seguridade.
A resposta dérona esta mañá cunha multitudinaria concentración no mesmo Hospital coruñés, pero tamén no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Enfermeiros, Dirección, médicos, membros da administración, de seguridade, limpeza... Todos quixeron amosar o seu apoio cara os compañeiros.
Leron un manifesto non que rexeitaron todo tipo de agresións (físicas e verbais) e ataques cara calquera persoal do eido sanitario neste caso, e ás veces tamén agresións verbais de paciente ou familiares "que aturamos e calamos sen denunciar".