O poeta Suso Bahamonde impartiu o obradorio de poesía dentro do programa "O mes da Fundación"
Alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria dos colexios Manuela Rial e Eugenio López de Cee participaron onte nun obradoiro de poesía. O poeta Suso Bahamonde encargouse de impartir o obradoiro que se enmarca dentro do programa "O mes da Fundación" que se está a desenvolver con distintas actividades ao longo do mes de outubro.
Durante unhas escasas tres horas, os rapaces elaboraron uns poemas mariñeiros que se tirarán ao mar dentro dunha botella e co enderezo electrónico de ambos colexios. Intrigados por saber onde pararán estes traballos, os alumnas e alumnas demostraron que en Cee hai canteira de poetas.
Poema do CPR Manuela Rial
"Saímos ao mar, cos ollos abertos de soñarnun mundo onde o océano non se vai atopar.Somos nós, náufragos da vida, perdémonos co tempo.E chegamos, ao noso arrecife, ese lugarque está construído de amizade.E aí, finalmente, neste solpor, os nosos soños realidade serán."
Poema do CEIP Eugenio López
"Saímos ao mar, cos ollos abertos de soñar e os nosos soños aprendendo a voar. Somos nós, o vento frío que cada mañá busca abrigo. E chegamos coa lóxica do noso lugar neste tempo estelar alzado co reflexo da estrela polar. E finalmente neste solpor, Galiza alza a vela maior."Fonte