![O poeta Suso Bahamonde impartiu o obradorio de poesía]()
O poeta Suso Bahamonde impartiu o obradorio de poesía dentro do programa "O mes da Fundación"
Alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria dos colexios Manuela Rial e Eugenio López de Cee participaron onte nun obradoiro de poesía. O poeta
Suso Bahamonde encargouse de impartir o obradoiro que se enmarca dentro do programa
"O mes da Fundación" que se está a desenvolver con distintas actividades ao longo do mes de outubro.
Durante unhas escasas tres horas, os rapaces elaboraron uns
poemas mariñeiros que se tirarán ao mar dentro dunha botella e co enderezo electrónico de ambos colexios. Intrigados por saber onde pararán estes traballos, os alumnas e alumnas demostraron que en Cee hai canteira de poetas.
Poema do CPR Manuela Rial
"Saímos ao mar, cos ollos abertos de soñar
nun mundo onde o océano non se vai atopar.
Somos nós, náufragos da vida, perdémonos co tempo.
E chegamos, ao noso arrecife, ese lugar
que está construído de amizade.
E aí, finalmente, neste solpor, os nosos soños realidade serán."
Poema do CEIP Eugenio López
"Saímos ao mar, cos ollos abertos de soñar
e os nosos soños aprendendo a voar.
Somos nós, o vento frío que cada mañá busca abrigo.
E chegamos coa lóxica do noso lugar
neste tempo estelar alzado co reflexo da estrela polar.
E finalmente neste solpor,
Galiza alza a vela maior."
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- Fundación Fernando Blanco
Novas relacionadas