Luns. 06.05.2024
El tiempo

Pequenos e maiores disfrutan do Mes da Fundación Fernando Blanco

Pequenos e maiores disfrutan do Mes da Fundación Fernando Blanco
Os Peques encheron a Casa da Cutura para o concerto didactivo Os Peques encheron a Casa da Cutura para o concerto didactivo

Despois da conferencia de Manuel Gago, a pasada semana estivo chea de actividades arredor da Fundación Fernando Blanco e no marco do seu programa O Mes da Fundación Outubro 2015. Un programa para nenos e maiores.

Concerto didáctico en Cee dos Hermanos Quintero Concerto didactico en Cee dos Hermanos Quintero

Foron os nenos os primeiros en disfrutar co concerto didáctico dos "Hermanos Quintero" de Colombia. Este concerto está encadrado no Festival anual de Pulso e Púa, organizado pola Agrupación Musical Albéniz da Coruña, e que, a través do Concello de Cee, amablemente llo cederon á Fundación Fernando Blanco para incluilo na súa programación de outubro.
Nenos e nenas que fixeron de directores/as de orquestra, cativos e cativas que cantaron... e ata profesores e profesoras que bailaron. Unha mañá moi divertida e didáctica á que asistiron alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria dos colexios Eugenio López, Manuela Rial de Cee, Praia de Quenxe de Corcubión e usuarios/as de Aspadex.

Ofrenda Floral a Fernando Blanco Ofrenda Floral a Fernando Blanco

Os maiores comezaban a fin de semana de ofrenda floral. O sábado tiña lugar a tradición acción na que profesores/as, alumnos/as e persoal do Instituto, entregaban unha coroa de flores na tumba do mecenas, para acompañar a sentida misa.

Quico Cadaval en Cee Quico Cadaval en Cee

E da emoción á risa, e ninguén mellor que Quico Cadaval, un dos pioneiros do concepto monólogo en Galicia, que demostrou coas súas "Pantasmas familiares" que ten milleiros de cousas que contar.

Vindeira cita, coa ciencia

Este sábado 17 de outubro, ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Cee, teremos charla científica, unha cousa diferente, un Discurshow "Protón", con Xurxo Mariño (Neurofisiólogo da UDC) e Vicente de Souza (actor).

Discurshow Proton no Mes da Fundacion Fernando Blanco

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios