Ana Oca xa fai ata de xurado

Menudo tesouro temos nesta pequena Ana Oca. Vale para todo. Xa demostrou que tralos fogóns é unah fóra de serie, que é capaz de dar masterclass e que mesmo ten un futuro como actriz envexable. Pero non ten parada, e esta fin de semana demostrou que ata sabe facer de xurado.

Fíxoo no I Concurso Ler-­Chef organizado pola Libraría Ler de Cee. Era a primeira actividade organizada no seu pobo logo da partcipación no concurso, por iso é polo que o Espazo de Libros quedou pequeno para acoller ao público e aos mozos concursantes que se animaron a presentar un prato ante tan esixente xurado.

Ana probou e valorou cada un dos pratos para finalmente emitir un veredito: unha tarta fría de queixo foi a escolleita por presentación e sabor. A pequena cocinera autora do prato recibiu como premio o libro de receitas do concurso dedicado por Ana Oca. Ademais, a ex-­concursante realizou o emplatado dunha simpátca mariquita con tomates cherri, queixo e aceitunas, coa que logo se agasallou aos presentes.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
Etiquetas