Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Ana Oca deixa Masterchef pero queda nos corazóns de millóns de espectadores

Ana Oca deixa Masterchef pero queda nos corazóns de millóns de espectadores
A pequena masterchef Ana Oca diante de Elena Arzak

Hai tan só unhas semanas que coñecíamos a Ana Oca, a pequena masterchef ceense. E parece que xa leva metida na nosa casa toda a vida. Onte, Ana tiña que deixar a cociña de Master Chef Junior. Xunto a Víctor e Lluc, foron os tres pequenos que non pasan á final pero toda Galicia xa amosou o seu cariño.

Non hai máis que ver o twitter e comprobar que “Anita Dinamita”, como lle chama a súa gran amiga Aina, para ver que a xente está completamente entregada. A “rockera” gañouse o amor dos millóns de telespectadores.

Ela mesma xa se despedía así a través do tw: “El sueño termina aquí, gracias a todos, sois geniales.Como quiero a todos mis compañeros, que gane el mejor!!#MCJunior #sempreGalicia”. Pero marchou despois de disfrutar dunhas experiencias fantásticas, como coñecer ao mesmo Bisbal, e “Cocinar delante de @elenaarzak, presión tremenda!”, recoñecía ela mesma.

Enviamos os nosos parabéns a toda a familia Oca Vázquez, e a esta pequena, que vén de disfrutar, con máis naturalidade que ninguén, dunha oportunidade única. Quen sabe se dentro duns anos volveremos traela a QPC como unha gran mestra da cociña!

Este é o difícil momento da marcha de Ana:

E aquí vos deixamos o capítulo completo:


Novas relacionadas

Fonte

Anas Oca en MasterchefJunior

Comentarios