Ana Oca xa fai ata de xurado
Menudo tesouro temos nesta pequena Ana Oca. Vale para todo. Xa demostrou que tralos fogóns é unah fóra de serie, que é capaz de dar masterclass e que mesmo ten un futuro como actriz envexable. Pero non ten parada, e esta fin de semana demostrou que ata sabe facer de xurado.
Fíxoo no I Concurso Ler-Chef organizado pola Libraría Ler de Cee. Era a primeira actividade organizada no seu pobo logo da partcipación no concurso, por iso é polo que o Espazo de Libros quedou pequeno para acoller ao público e aos mozos concursantes que se animaron a presentar un prato ante tan esixente xurado.
Ana probou e valorou cada un dos pratos para finalmente emitir un veredito: unha tarta fría de queixo foi a escolleita por presentación e sabor. A pequena cocinera autora do prato recibiu como premio o libro de receitas do concurso dedicado por Ana Oca. Ademais, a ex-concursante realizou o emplatado dunha simpátca mariquita con tomates cherri, queixo e aceitunas, coa que logo se agasallou aos presentes.
Mirad, mirad lo bien que lo pasamos con @AnaMCJ2
Posted by Librería Ler Cee on Martes, 2 de Xuño de 2015
Novas relacionadas
- Ana Oca estréase como actriz en Hospital Real.
- Ana Oca tamén quere ser actriz.
- Anita Oca xa dá masterclass de cociña.
- Ana Oca deixa Masterchef pero queda nos corazóns de millóns de espectadores.
- Ana, a pequena masterchef ceense.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).