ANC apoiará os orzamentos de Cee con varios condicionantes
En breve o Concello de Cee terá que aprobar os seus orzamentos. E trala baixa da Asemblea Nacionalista de Cee do grupo de goberno, a votación é toda unha incógnita. Hoxe ACN envía un comunicado explicando os seus condicionantes para apoiar a aprobación dos orzamentos ou do POS.
Consideran que "os orzamentos do Concello de Cee para 2014 inclúen numerosas partidas orzamentarias que foron presupostadas pola Asemblea Nacionalista de Cee, como a reparación da EDAR de Estorde, a rehabilitación da Escola de Lires e a Casa da Cultura de Brens, a reparación da cuberta da piscina municipal, a implementación da LOPD no Concello de Cee,..." Deste xeito, de iren incluidos, apoiarán a moción.
Así e todo, ACN afirma que, a nivel estatal, "o PP é nefasto para o municipalismo", e clara alusión á polémica reforma da administración local.
Obras do POS
No que respecta ao Plan de Obras e Servizos que aporta a Deputación e que sempre é un dos puntos de maiuor investimento nos Concellos, ACN demanda que "se dedique cando menos a metade da inversión á mellora da rede de saneamento", a súa principal demanda.
Hai outra serie de actuacións pendentes, que foron xestionadas polos concelleiros da ANC, que solicitan incluír no Plan de Actuación Municipal:
- Acondicionamento da Rúa Estatuto de Autonomía de Galicia na súa interseción co Centro Comercial Finisterrae.
- Reparación da línea de sanemento no lugar de Ameixenda.
- Recollida das augas da chuvia na zona de Raíces de Arriba.
- Retranqueo da rampa de acceso ao chiringuito de Lires e reparación do camiño que vai pola costa cara ás praias de Area Grande e Area Pequena.
- Reparación do camiño peonil de acceso ao colexio Eugenio López.
- Reparación da cuberta da Piscina Municipal.
- Construción de zona de almacéns e área de atletismo de saltos e lanzamentos (lonxitude e peso) no Estadio Municipal San Paio de Refoxos.
- Peche da Pista Polideportiva de Estorde.
Incremento do orzamento en Deporte
A formación nacionalista solicitará igualmente que os fondos dedicados a deportes se incrementen nun 50% respecto a 2013, incluídas as subvencións ás entidades deportivas do concello que contan con escolas infantís. "Apoiaremos os orzamentos municipais sempre e cando se tomen en consideración as nosas propostas e se produza unha previsión rigurosa e realista dos ingresos e gastos municipais", sinalan.
Novas relacionadas
- O BNG de Cee reclama a demisión total dos Concelleiros non adscritos.
- As Razóns da ANC para voar.
- Os edís de ANC deixan o goberno de Cee.
Fonte
- Nota de prensa do ANC de Cee.