mércores. 30.04.2025
El tiempo

ANC apoiará os orzamentos de Cee con varios condicionantes

ANC apoiará os orzamentos de Cee con varios condicionantes

En breve o Concello de Cee terá que aprobar os seus orzamentos. E trala baixa da Asemblea Nacionalista de Cee do grupo de goberno, a votación é toda unha incógnita. Hoxe ACN envía un comunicado explicando os seus condicionantes para apoiar a aprobación dos orzamentos ou do POS.

Consideran que "os orzamentos do Concello de Cee para 2014 inclúen numerosas partidas orzamentarias que foron presupostadas pola Asemblea Nacionalista de Cee, como a reparación da EDAR de Estorde, a rehabilitación da Escola de Lires e a Casa da Cultura de Brens, a reparación da cuberta da piscina municipal, a implementación da LOPD no Concello de Cee,..." Deste xeito, de iren incluidos, apoiarán a moción.

Así e todo, ACN afirma que, a nivel estatal, "o PP é nefasto para o municipalismo", e clara alusión á polémica reforma da administración local.

Obras do POS

No que respecta ao Plan de Obras e Servizos que aporta a Deputación e que sempre é un dos puntos de maiuor investimento nos Concellos, ACN demanda que "se dedique cando menos a metade da inversión á mellora da rede de saneamento", a súa principal demanda.

Hai outra serie de actuacións pendentes, que foron xestionadas polos concelleiros da ANC, que solicitan incluír no Plan de Actuación Municipal:

  • Acondicionamento da Rúa Estatuto de Autonomía de Galicia na súa interseción co Centro Comercial Finisterrae.
  • Reparación da línea de sanemento no lugar de Ameixenda.
  • Recollida das augas da chuvia na zona de Raíces de Arriba.
  • Retranqueo da rampa de acceso ao chiringuito de Lires e reparación do camiño que vai pola costa cara ás praias de Area Grande e Area Pequena.
  • Reparación do camiño peonil de acceso ao colexio Eugenio López.
  • Reparación da cuberta da Piscina Municipal.
  • Construción de zona de almacéns e área de atletismo de saltos e lanzamentos (lonxitude e peso) no Estadio Municipal San Paio de Refoxos.
  • Peche da Pista Polideportiva de Estorde.

Incremento do orzamento en Deporte

A formación nacionalista solicitará igualmente que os fondos dedicados a deportes se incrementen nun 50% respecto a 2013, incluídas as subvencións ás entidades deportivas do concello que contan con escolas infantís. "Apoiaremos os orzamentos municipais sempre e cando se tomen en consideración as nosas propostas e se produza unha previsión rigurosa e realista dos ingresos e gastos municipais", sinalan.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do ANC de Cee.

Comentarios