Anuncian novos obradoiros de Emprego para as comarcas de Fisterra e Xallas
Seguimos en tempo de promesas e falar de emprego na Costa da Morte enche a boca de moitos políticos. I é que nunha zona como a nosa é o traballo un dos grandes problemas, que obrigan a centos de persoas a emprender o amargo camiño da emigración.
Unha das saídas, temporais, que se están desenvolvendo por Galicia nos últimos anos son os Obradoiros de Emprego. Falamos dunha iniciativa mixta de formación e emprego, que permiten facer unha formación específica, pagada, a uns 20 veciños de cada comarca, durante 6 meses. Pola volta, os últimos, de xardinería e creación de páxinas web, os tivemos pola comarca de Fisterra e por Soneira.
E chegan novas oportunidades para os parados da zona da comarca de Fisterra e do Xallas.
Así, dando continuidade ao obradoiro “Camiño do Solpor”, a Xunta anunciou que outras 20 persoas sen emprego dos concellos de Cee, Corcubión e Fisterra, poderán optar a beneficiarse dun novo Obradoiro. Aínda non está a resolución defitinitiva, da que volverán dar conta.
Paralelamente, 19 desempregados de Santa Comba farán o propio durante os vindeiros meses.
Novas relacionadas
- O Obradoiro de emprego fisterrán deixa a súa pegada dixital no Camiño.
- QPC como exemplo de experiencia empresarial para os alumnos do Obradoiro de Emprego.
- Os alumnos do Obradoiro de Emprego fisterrán soben ás alturas.
- 22 mozos soneiráns completaron o Obradoiro comarcal de Emprego e Formación.
- Nace Solpor, unha Asociación de Profesionais para unir o Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).