Aprendendo a amar á gaita dende a Escoliña

Fermosa a iniciativa do grupo de música tradicional Peta Forte, que este pasado venres se achegaba ata a activa Escoliña de Cee para amosarlle aos máis pequenos como son os instrumentos do país. Quedaron abraiados os peques da Escoliña, e non hai máis que mirarlle ás caras para comprobar o poder hipnotizador da gaita galega.

E iso que o comezo foi algo complicado. Algún pequeno rompeu a chorar ca forza da música, pero despois empezaronse a soltar e xa bailaron mentras comian castañas e "gusanitos".

Tamén recibiron a visita da alcaldesa e da Concelleira de Servizos Sociais. Ao finalizar, a festa rematou coa lectura dun conto do magosto.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).