Argumentos para mercar no comercio local polo Nadal

Por terceiro ano consecutivo, o BNG pon de novo en marcha a campaña de apoio ao pequeño comercio local de Cee, coincidindo coas datas festivas e nas que se fai un gasto maior por parte das familias.

O grupo critica as “políticas económicas e de subidas de impostos do PP”, así como “as políticas de liberalización comercial que en Madrid se deciden e Feijoo asume e aplica”. Unha situación que leva a un grande desequilibrio no sector comercial pola grande cantidade de oferta, debido a expansión de grandes superficies comerciais.

E Cee non é allea a esta realidade coa oferta de grandes cadeas, outro novo atranco para o pequeño comercio do concello ceense. De feito, o BNG recorda que a a última gran superficie que abríu en Cee “viuse ademais beneficiada cunha inversión duns 800.000 euros de cartos públicos e permitida polo goberno do PP, e lamenta que “xamais se ven cara o pequeno comercio, só axudan a ameazar de morte ao tecido comercio local”.

Argumentos para mercar no comercio local

Por iso, o BNG quere apoiar ao comercio local, que “ten un papel importantísimo como dinamizador da economía do noso concello”. “O que gastas nel, acaba por volver dunha ou doutra maneira a ti, e non acaba en outras partes do estado, ou mesmo no extranxeiro”.

Dan máis argumentos: “é ademais, un comercio mais sustentábel e mais respetusoso co medio ambiente, e significa unha aposta de futuro pola calidade, pola innovación e pola especialización”. E mesmo propón medidas para contrarestar o poder das grandes cadeas e favorecer e axudar ao pequeño comercio e/ou comercio familiar:

  • ”Unha moratoria na implantación de grandes superficies comerciais, non deben abrir mais establecementos mentras os nosos xoves seguen a emigrar”.
  • ”Promover axudas para mellorar ou implantar comercios específicos que vendan produtos do país”.
  • ”Establecer liñas de créditos prioritarias para o comercio de proximidade ou local”.
  • ”A regulación dos horarios comerciais a prol da normalidade de xornadas laborais, tanto dos empregados/as coma dos e das comerciantes e negocios familiares. Por pór un exemplo, as grandes cadeas van abrir os domingos este mes de Nadal todo o día, o que supón un claro trato de favor cara eses xigantes do comercio”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG.