Bazarra festexou 50 anos de vangarda empresarial e laboral

Bazarra cumpliu 50 anos

50 anos non se cumpren todos os días. A Estación de Servizo Bazarra vén de celebralo cunha fermosa e emotiva festa. Unha festa que lle encantaría aos pioneiros que puxeron en marcha o negocio a metade do século pasado, e que compaxinou as bombas, co pulpo e o xamón, cos gaiteiros e o dj.

Non faltaron ducias de traballadores e ex traballadores que foron invitados a pasar esta xornada en familia facendo unha emotiva lembranza de todas as épocas polas que pasou a empresa. Eses xubilados que levaron unha alegría enorme, que levaba tempo sen verse e que se emocionaron ao ver que se lles lembra, como recordou Marcela, que falou en representación dos traballadores, facendo unha longísima lista de todos e todas os que pasaron pola estación e facendo ademais un repaso pola historia laboral en clave feminino.

Porque Bazarra sempre foi unha empresa comprometida co traballo feminina, como o ratifica o feito de que 10 d@s traballador@s da empresa a día de hoxe sexan mulleres.

Fixo de presentador Julio López, dando paso ás administradoras, Carolina e María Villar, que forman o que é a terceira xeración da familia ao mando da empresa. Unha familia que leva a vangarda no ADN, pois poucos foron capaces de valorar o arriscado que era montar naquel entón un negocio así, ao grande, nunha zona na que apenas había coches.

Lembraron ao avó, Marcos Villar Graíño, aquel xenio, pero tamén aquela sensibilidade e ese corazón que non lle collía, ao que lle encantaban as bombas. Lembraron ao pai, que non dudaría en poñer pulpo e gaiteiros nunha festa coma esta. A terceira xeración incorporou o dj e mais o xamón a esta cita.

Tamén houbo un recordatorio a eses primeiros traballadores, e a algunhas familias históricas, como a familia Ameijeiras, Villar… E algún persoeiro que leva vendo a evolución desta unha unidade de negocio que amplía e amplia a súa actividade, como Calixto, un proveedor de respostos de automóbil, que traballou coas tres xeración, avó, pai, e antes de xubilarse, coas fillas.


A familia de Aspadex non quixo perder a festa dos 50 anos de Bazarra-Foto-Jorge Castro

50 anos de compromiso ca Costa da Morte

Unha empresa comprometida coa contorna, das que fai Costa da Morte, apoiando ano tras ano, a través do seu servizo de becas, o deporte, a educación e a cultura da zona.

Unha empresa sempre á vangarda, coa vista continua na modernización, que empurra o tecido asociativo, pero tamén ao tecido empresarial da comarca. Pioneiras foron as súas instalacións de placas solares para o aforro enerxético; ou o seu sistema de recollida e aproveitamento de augas.

Unha empresa que xera riqueza na zona, con máis de 20 traballadores, que xa son caras coñecidas para os milleiros de clientes que paran cada semana a repostar; a tomar un café; a arranxar o coche ou a bici no taller; a comprar no Claudio Express; a lavar o coche; a preguntar por un seguro…

Porque Bazarra é moito máis que unha simple estación de servizo.


Parte do equipo de Bazarra

Nova pancarta que repasa a historia de Bazarra

Novas relacionadas