Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Bazarra apoia o Camiño dos Faros e a Xornada de APEM e Aspadex

Bazarra apoia o Camiño dos Faros e a Xornada de APEM e Aspadex

Bazarra colabora co Camiño dos Faros

Non deixa a Estación de Servicio Bazarra de Cee de colaborar coas nobres causas costeiras. Despois de refrendar o seu compromiso coa Fundación Fernando Blanco, vén de asinar dous novos convenios.

Por un lado vén de comprometerse cos transos patrocinando os coches de seguridade da 7ª Edición de O Camiño dos Faros, que esta fin de semana celebrará a súa última etapa chegando á fin da terra. Os propios trasnos fican encantados co compromiso da entidade, despois de 6 edicións poñendo os cartos dos petos dos propios voluntarios.

Ademais, en clave social, a entidade quere estar presente tamén na ! Xornada de Convivencia e lecer inclusivo” que se celebrará este sábado 10 de xuño e na que participarán Apem e Aspadex.. Unha cita na praia da Concha que contará con xincanas, xogos… que serve para socializar na normalidade.

Bazarra colaborará xunto con outras entidades como Cafetería Xardín, Gadis, ou Tahona das Travesas.

Bazarra colabora coa Xornada de COnvivencia de Cee Bazarra colabora coa Xornada de COnvivencia de Cee

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios