Mércores. 19.06.2019
El tiempo

Bazarra segue aportando combustible cultural á Fundación Fernando Blanco

Bazarra segue aportando combustible cultural á Fundación Fernando Blanco

Carolina Villar Lopez Administradora Solidaria e Copropietaria da ES Bazarra e Dario Areas Domínguez dop Museo Fernando Blanco Carolina Villar López, Administradora Solidaria e Copropietaria da ES Bazarra e Darío Areas Domínguez do Museo Fernando Blanco Non para de botar gasolina a Estación de Servizo Bazarra para que a Fundación Fernando Blanco siga sendo un referente cultural e educativo na comarca de Fisterra. Esta mañá de martes 23 de maio, ambas entidades renovaron o convenio de colaboración polo que a empresa ceense colaborará económicamente en tres das actividades programadas pola Fundación para este ano 2017. Carolina Villar López, Administradora Solidaria e Copropietaria da E. S. Bazarra, e Darío Areas Domínguez, Secretario da Fundación, foron os encargados de plasmar as súas rúbricas no mencionado convenio. En concreto, as actividades encadradas neste convenio son: - V Concurso de Relatos Curtos e IV Concurso de Debuxos. Ambos concursos están dirixidos a escolares dende 1o Ciclo de Primaria á ESO dos centros educativos de 10 concellos da contorna. Ambos concursos xirarán este ano en torno ao tema “A Costa da Morte” En ámbolos dous certames entregaranse un total de 12 premios valorados en 690 €. A Estación de Servizo Bazarra comparte colaboración nesta actividade coa Deputación Provincial da Coruña. - 6ª Edición dos Premios Académicos Fernando Blanco correspondentes ao curso 2016-2017. Estes Premios teñen por obxecto premiar a 5 dos mellores expedientes académicos do IES Fernando Blanco de Cee, en concreto aos cursos de 1o F. P. Básica, 3o ESO, 1o Bacharelato, 1o Ciclo Medio e 1o de Ciclo Superior. Tamén nesta actividade a E. S. Bazarra compartirá colaboración coa Deputación da Coruña e con varios establecementos de Cee.  - 5ª Edición do Programa Educativo Cultural “O Mes da Fundación”. Celebrarase no mes de outubro cunha dobre programación. Por un lado actividades para todos os centros educativos de Cee e, por outro, actividades para o público en xeral. Por este programa pasaron, en ediciós anteriores, figuras tan destacadas coma Jorge Mira, Ángel Carracedo, Francisco Blanco, Alfonso Mariño, Xosé Neira Vilas, Concha Blanco, Fernando Fraga, Xurxo Mariño, Xavier Díaz, Davide Salvado, Cándido Pazó, Quico Cadaval, etc.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios