O BNG pide melloras de seguridade nas Avenidas Fisterra e Fernando Blanco de Cee

O voceiro local do BNG Serxio Dominguez e o deputado carballés Daniel Pérez

Os numerosos atropelos que teñen lugar tanto na Avenida Fernando Blanco como na Avendida Fisterra de Cee, fan que o BNG vaia levar ao Parlamento galego e ao concello, a mellora da seguridade de ambas vías. Son as arterias da capital municipal, e son tamén paso da AC-552 e da AC-550, cruzándose no miolo da vila.

Unha situación de perigo arrastrada dende hai anos, perante a que a Xunta, propietaria das dúas estradas, non toma decisións, e o Concello, “a administración mais cercana a cidadanía e que ten que ser a primeira en solicitar melloras, tampouco está a facer absolutamente nada”, sinala o voceiro local Serxio Domínguez.

Ante esta situación o BNG vai solicitar ao Parlamento Galego un estudo para correxir eivas, e pedir á Xunta de Galicia que asuma a urbanización da AC-552 desde a rotonda do Lar até ao cruce de Roget, aportando espazos para persoas e bicicletas.

Ademais, a nivel municipal pide as seguintes melloras:

  • Iluminación: “Só hai luminarias por unha beira, o que claramente deixa zonas escuras e/ou sombreadas”. O Bng propón “aumentar as luminarias cubrindo os lados nos que non existen de maneira que a visibilidade sexa óptima”. Piden unha luminaria de menos de 3 metros, como a de Corcubión.
  • Aparcamento: malia necesidade de prazas, piden “que se anulen as prazas máis cercanas, e no mesmo sentido da circulación, aos pasos de peóns para así facilitar a visión de conductores e persoas”.
  • Sinalización: No seu día foron colocados por ambas vías, sinales iluminadas, ante a aprobación dunha iniciativa do BNG. Faltan algúns, e piden que se instalen neses.
axeitada da velocidade mediante semáforos intelixentes e a mellora da sinalización das estradas.

Novas relacionadas