Novo atropelo, desta volta a un neno, en Cee
21:28 12/03/21
Esta tarde de venres, arredor das 18:00h, acontecía un novo atropelo en Cee. Desta volta tivo lugar na Avenida de Fisterra a altura da SEAT, cando un vehículo atropelaba un rapaz.
Pronto chegaba o 061 ademais dos Bombeiros de Cee e a Garda Civil de Tráfico. O rapaz era trasladado pola ambulancia ao Hospital Virxe da Xunqueira.
Novas relacionadas
- Novembro 19: Unha muller de avanzada idade foi atropelada en Cee.
- Novembro 18: Segundo atropelo nunha semana en Cee e terceiro na zona.