Buserana interactúa polo 8M cos IES para fomentar unha educación pública de calidade e crítica
Dá un salto a Organización Feminista Buserana neste 2026, presentando un programa moi amplo polo Día Internacional da Muller, o 8 de marzo.
Unha das novidades, coa que as mulleres da entidade se lanzan con gran ilusión por incidir na educación pública de calidade e crítica, é a colaboración cos institutos. Así, o venres 6 de marzo realizarán unha serie de proxeccións cinematográficas nos Cines Xunqueira co alumnado do IES Agra Raíces de Cee.
Esa interacción co alumnado continuará na xornada do 27 de marzo, facendo tamén unha serie de proxeccións co alumnado do IES Fernando Blanco.
Aproveitando o Mercado, e escapando a concentración clásica, o propio domingo 8 de marzo a entidade quere espallar o feminismo a pé de rúa, cunha mesa informativa atendendo á veciñanza durante toda a mañá.
A programación continúa o sábado 14 de marzo, coa presentación literaria de “Arsínoe. Reina de Alejandría”, da man de Nieves García Centeno. A cita será ás 19:00h no Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura de Cee.