xoves. 26.02.2026
El tiempo

A Asociación de Mulleres feministas Sonlilá trasmite a transcendencia do 8M ás novas xeracións

Patri e Merche de Sonlila no cole de Carnota
Patri e Merche de Sonlilá no cole de Carnota
A Asociación de Mulleres feministas Sonlilá trasmite a transcendencia do 8M ás novas xeracións

A Asociación de Mulleres feministas Sonlilá preparou un completo programa polo 8M, o Día Internacional da Muller Traballadora. Un programa que xa arrincou este mércores 25 de febreiro, coa visita de Patri e Merche, dúas veciñas carnotás e bravas mulleres da entidade, ao CEIP de Carnota. Alí mantiveron unha conversa amena e produtiva coa cativada.

Nesa liña de transmisión ás novas xeracións da necesidade de seguir loitando polos dereitos da muller, haberá outra sesión, neste caso para pechar o programa, cunha charla que ofrecerán o venres 13 no IES Lamas de Castelo.

Polo medio toca coidarse tamén ás mulleres do colectivo. E para iso hai formuladas dúas accións: o mércores 4 de marzo, ás 18:00h, celebrarase un café feminista coa lectura do libro “La isla de las mujeres del mar”, da man da escritora china Lisa See.
E para o xoves 5 de marzo, ás 18.00h, a Casa da Mariñeira acolle a xa tradicional merendola-timba feminista que desta volta será aberta a todas as persoas que se queiran unir.

Ademais, o acto central, coma sempre, será a concentración na praza da Pedra a concentración coa posterior Cadea de Mulleres na Praia de Carnota, accións que desenvolverán na previa do 8M, o sábado 7 de marzo, dende as 11:30h.

Comentarios