Buserana repartiu dereitos e non flores pola Xunqueira
15 de agosto de 2026 (10:17 h.)
Este xoves, a familia da Asociación Feminista Buserana, co gallo das festas, sacou o seu Punto Violeta á rúa. En colaboración co Departamento de igualdade do Concello de Cee, fixeron presenza na rúa para informar das posibles actuacións ante unha violencia machista, e como non para celebrar as festas con todas as nosas socias e xente que pasou polo posto a facerse unha foto reivindicativa.