Cee abre as súas actividades de verán
22 de xuño de 2011 (08:55 h.)
O Concello de Cee presenta o programa de actividades físico-deportivas para o verán 2011. Os campamentos da Deputación Provincial da Coruña, as actividades lúdicas infantís nas parroquias, os xogos populares na praia da Concha, o III Campus de baloncesto "ACB Costa da Morte", o Día da Bicicleta, o II Torneo de fútbol 7, 2 campus de fútbol (Fundación Celta de Vigo e Pisicna Municipal) no Estadio Municipal "San Paio de Refoxos", etc... será a oferta para o periodo estival.
Xa poden pasar a apuntarse polo Concello ceense.
Máis información
- Xa se pode descargar o tríptico de actividades [pdf] e a ficha de inscrición na web municipal: www.concellocee.es.
- Maís información en deportes@concellocee.es ou chamando ao 981 745 100.
Novas relacionadas
- Hoxe mércores, concerto da Escola de Música de Cee.
- 3 días de Festas das Dolores en Gures.
- 2.000 persoas vibraron en Cee cunha tarde preciosa de baile e taekwondo.