Venres. 19.04.2024
El tiempo

2.000 persoas vibraron en Cee cunha tarde preciosa de baile e taekwondo

2.000 persoas vibraron en Cee cunha tarde preciosa de baile e taekwondo

O pasado 12 de xuño, o Clube Arte e Movemento celebraba a súa exhibición anual. Unha cita especial por rompía todas as marcas de participación dos últimos anos. Participaron nada menos que 330 participantes (80 máis que o ano pasado) da Costa da Morte, que se di pronto, todos eles alumnos de Arte e Movemento, instruídos polos mestres Juan Carlos Díaz e Graciela Toba.

Ambos organizaron esta cita que rozou a perfección, a pesar de contratempos coma algún que outro rapaz enfermo, que deixaban parellas sen poder bailar, pero ao que se lle atopou parella que de feito levaban o ano enteiro agardando por poder participar.

I é que os nervos estiveron a flor de pel. As 2.000 persoas que encheron o pavillón municipal de Cee (non había sitio "nin sentados nin ó pé das barandillas) provocaron que moitos dos participantes sufrise o medo escénico nas súas carnes. Pero non impediron o bo desenvolvemento das exhibicións

O público puido disfrutar así das exhibicions de Baile de salón, Taekwondo e Kick-boxing, con deportistas con edades comprendidas entre os 4 e os 50 anos. Dos 330 participantes, había 127 nenos alumnos do clube de taekwondo, 4 mozos de kick-boxing, e 200 bailaríns.

A emoción invadíu o pavillón

A propia organización destaca varios momentos especialmente emocionantes, ademais de destacar que a exhibición cumpliu co horario cunha puntualidade estraña na nosa bisbarra:

  • A presentación do equipo de taekwondo, onde os 127 rapaces seguiron as orden do seu entrenador Juan Carlos Díaz, e todo o pavillón permanecía en silencio para escoitar as ordes de Díaz.
  • Outro momento espectacular tivo lugar cando se levantou o público coas parellas de Baile deportivo, na modalidade de baile de competición, onde 5 parellas amosaron ó público á perfección, elegancia e disciplina do baile deportivo. Estas parellas, tamén alumnas do clube, viñan de Carnota, Cee, e Rois. Os asisntentes puideron ver as diferencias de coreografias, vestuario, e técnica segundo as categorías.
  • Pero os mellores momentos ofrecéronos os máis pequenos, que representaron as súas actuación totalmente metidos nos seus papeis levantando ovacións no público.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Club Arte e Movemento, da man de Juan Carlos Díaz e Graciela Toba.

Comentarios