mércores. 30.04.2025
El tiempo

3 días de Festas das Dolores en Gures

3 días de Festas das Dolores en Gures

Coincidindo coas Festas do Corpus de Brens (que repasaremos esta semana), a parroquia ceense de Gures tamén celebra as Festas na Honra á Virxe das Dolores. Este venres 24 de xuño, a partir das 21:00h haberá sardiñada amenizada polos grupos Época e Galicia.

O sábado será o Día da Xuventude, cun guiño á música rock e dando un respiro ás verbenas. Teremos unha gran festa rock cos grupos Filloas on The Stone (os carnotáns forman parte da Axenda Sonora da Costa da Morte) , Sozios a la Fuerza e Step Brothers.

Para o domingo haberá misas pola mañá, pasarrúas coa Charanga Vendabal de Fisterra, sesión vermú coa orquestra Ría de betanzos e verbena coa mesma betanceira e mais o Grupo Taju.

Máis información festexeira

Novas relaciondas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Cartel cedido pola Imprenta Martiago de Corcubión.

Comentarios