“Cee merecía un debate”

Imaxe do debate en Cee organizado por QPC celebrado en 2015

Non quixeron expoñer as súas carencias .Ramón Vigo e Margot Lamela rexeitaron participar no debate público que quixo volver a organizar QPC e Mohammed Safa, repetindo a exitosa experiencia democrática daquel san debate de 2015.

“Algo terán que escoder”, sinalaba Antonio Domínguez, candidato do PP. “Non sei a que lle poden ter medo”, apuraba Adrián Leira, outro dos candidatos (do Partido Libertario) que se amosou partidario dende o primeiro momento de levalo adiante.

Tamén se amosou disposto Víctor Somoza (UCG) ou Serxio Domínguez (BNG). Precisamente o edil e candidato do BNG lamenta que QPC non poida organizar o debate na Casa da Cultura entre os partidos. “A negativa de algún candidato parece que non permitirá que se leve a cabo, polo que desde o Bng pedimos que quen non quere debater reconsidere a súa posición”.

”Os debates de ideas e programas son fundamentais no exercicio democrático, polo que pedimos que todas as forzas políticas faciliten que este sexa posible. Na campaña das eleccións do 2015 si houbo un debate a pesar de que catro das sete forzas políticas non quixeron participar, e pensamos que desta vez non se debería repetir aquel episodio, se non que todas deberían acceder a ese debate, no que ademais o público debe tamén ter a oportunidade de preguntar o que desexe”, declarou Serxio Domínguez Louro.

Novas relacionadas